Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 30 de setembro de 2003 Páx. 12.251

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (4691/2003).

Por este edicto faise saber que en providencia dictada no día de hoxe, por esta Sección Segunda, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Jacobo Tovar Espada Pérez, en nome e representación de Encarnación Pérez Souto contra Orde do 29-4-2003 da CPTOPV pola que se outorga aprobación definitiva ó Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ourense.

Recurso número: procedemento ordinario 0004691/2003.

A publicación deste anuncio serviralles de emprazamento ás persoas que non séndoo persoalmente, teñan o dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixeran con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, trinta e un de xullo de dous mil tres.

Inmaculada Pérez Arrojo

Secretaria