Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 30 de setembro de 2003 Páx. 12.218

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se resolve a adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2003-2004, determinadas especialidades dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Por Resolución do 2 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, dictáronse normas para a adxudicación de destinos provisionais para o próximo curso académico 2003-2004, entre profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Resoltas as reclamacións producidas á resolución provisional, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicar destino provisional para o curso académico 2003-2004 ós profesores que figuran no anexo desta resolución, nos centros e especialidades que alí se especifican.

Segundo.-A toma de posesión dos destinos adxudicados será con efectividade do 1 de outubro de 2003.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal