Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 30 de setembro de 2003 Páx. 12.212

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de modificación do artigo 26 c) do convenio colectivo da Autoridade Portuaria da Coruña.

Visto o expediente de modificación do artigo 26 c) do convenio colectivo da Autoridade Portuaria da Coruña que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-7-2003, completado o 31-7-2003, subscrito pola comisión paritaria de interpretación do dito convenio o día 30-6-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de setembro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Comisión de vixilancia e interpretación do convenio colectivo

Asistentes:

Pola autoridade portuaria:

José Ignacio Villar García.

Mª Carmen Amarelo Freire.

Susana Roel Cabal.

Joaquín del Moral Crespo.

José Rodríguez Soto.

José Luis Ponte Fernández.

Pola representación social:

Fernando Díaz Vázquez (UGT).

Joaquín Hervada Cruz (UGT).

Manuel J. Mosquera Martínez (CIG).

Eduardo Blanco Regueira (CIG).

José Manuel González Gómez (CC.OO.).

Manuel García Bestilleiro (CC.OO.).

Na Coruña, ás 13.00 horas do luns 30 de xuño de 2003, por instancia da representación social da comisión de vixilancia e interpretación do convenio

colectivo da Autoridade Portuaria da Coruña, e en reunión de carácter extraordinario, reúnense as persoas que á marxe se citan co obxecto de aborda-la seguinte orde do día.

Particular único.

Modificación artigo 26 c do convenio colectivo da autoridade portuaria da Coruña.

Levanta acta da reunión: Carlos Otero Couto.

Iníciase a reunión acordando a comisión de vixilancia e interpretación do convenio colectivo da Autoridade Portuaria da Coruña, dar nova redacción ó artigo 26 punto c do referido convenio, quedando o texto do artigo tal e como a continuación se describe.

Artigo 26º.-Préstamos reintegrables, para vivenda e anticipos.

(...)

C) Anticipos.

Para outros fins diferentes ós citados anteriormente, poderán solicitarse anticipos por importe de ata dúas mensualidades de haberes, para reintegrar nun máximo de doce mensualidades consecutivas. Estes anticipos non devengarán ningún xuro e seralles de aplicación o réxime fiscal que proceda.

Sublíñase en negriña o texto que substitúe a anterior redacción.

A representación sindical de CC.OO. manifesta que non está de acordo coa modificación que se deu no artigo 26 c do convenio por entender que non procede esta.

Procederase a dar trámite do dito acordo ás diferentes institucións co obxecto de que coa maior brevidade teña efectividade este.

E sen máis asuntos que tratar, dáse por finalizada a reunión ás 13.45 horas.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA