Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 29 de setembro de 2003 Páx. 12.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ANUNCIO do 15 de setembro de 2003, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación da concesión de ocupación de dominio público dunha granxa mariña en Xove (Lugo).

Para os efectos previstos na Lei 6/1993, do 1 de maio, de pesca de Galicia, e no Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, a Lei 22/1998, do 28 de xullo, de costas, e no Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, sométese a información pública

a modificación da concesión de ocupación de dominio público do establecemento que se describe:

Tipo: granxa mariña.

Actividade: cría e engorda.

Especie: rodaballo (psetta maxima).

Localización: praia de Lago, concello de Xove (Lugo).

Ocupación de dominio público solicitada: 2.360 m.

Titular: Insuamar, S.L.

O expediente, integrado polo proxecto e a documentación complementaria, estará ó dispor do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que coide oportunas.

Prazo de exposición: vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición: delegación territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Lugo, avda. de Ramón Canosa s/n, 27863 Celeiro-Viveiro (Lugo).

Prazo para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña

lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Celeiro-Viveiro, 15 de setembro de 2003.

Pablo R. Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL