Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 29 de setembro de 2003 Páx. 12.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2003, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada interposto por Feliciana Barja Martínez contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Albarellos-Vilaza (Monterrei-Ourense), devolta polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimiento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e por ser devoltas polo servicio de correos, notifícaselle ó interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figura no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por Feliciana Barja Martínez contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Albarelos-Vilaza (Monterrei-Ourense).

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2003.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: Fernando Cid Gómez.

Domicilio: Luis Espada nº 63-1º; 32600-Verín (Ourense).

Texto: «Estima-lo recurso de alzada interposto por Feliciana Barja Martínez, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Albarellos-Vilaza (Monterrei-Ourense), no sentido de:

Modifica-la localización do predio nº 175, de Feliciana Barja Martínez, que pasa a figurar cun valor de 1.509,84 puntos, e unha superficie 15-30 áreas, quedando o seu pozo dentro da súa atribución.

Modifica-la localización do predio nº 173, de Fernando Cid Gómez e outra, quedando cun valor de 1.484,87 puntos, e unha superficie de 14-89 áreas.

Modifica-la configuración do predio nº 170 de Primitivo Losada Losada, quedando cunha superficie de 34-00 áreas e un valor de 3.051,78 puntos.

Esta resolución ponlle fin á vía administrativa, e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de 2 meses contados a partir da recepción desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente, acompañando copias parciais dos planos e fichas de atribucións, debidamente modificadas».