Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 29 de setembro de 2003 Páx. 12.133

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 355/2003, do 25 de setembro, polo que se dispón que cese Cristina Fernández Rodríguez como delegada provincial de Ourense da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

En virtude do disposto nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de setembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

O cesamento, por petición propia, de Cristina Fernández Rodríguez como delegada provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local de Ourense, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, vintecinco de setembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local