Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 26 de setembro de 2003 Páx. 12.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

ANUNCIO.

Aprobado o prego de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexerán a contratación

plurianual, por concurso, procedemento aberto e tramitación urxente, da obra de rehabilitación de edificio para gardería infantil, queda exposto ó público durante catro días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP ou no DOG, co obxecto de presentación de reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazara no caso de presentarse reclamacións ó prego de cláusulas administrativas.

a) Obxecto e prezo de licitación: rehabilitación de edificio para gardería infantil. Prezo 270.000,00 euros, IVE incluído.

b) Imputación créditos anuais: anualidade 2003: 40.000 euros; anualidade 2004: 120.000,00 euros; anualidade 2005: 110.000,00 euros.

c) Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

d) Garantías.

-Provisional: 2% do tipo de licitación (5.400,00 A).

-Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

e) Prazo de execución: seis meses.

f) Obtención de documentación e información.

O modelo de proposición, pregos de cláusulas administrativas e demais documentación están á disposición dos interesados nas oficinas municipais tódolos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Presentación de proposicións: nas oficinas deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de trece días naturais a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP ou no DOG.

h) Criterios de adxudicación: melloras no proxecto técnico, reducción prazo execución.

i) Apertura de proposicións: no salón de sesións do concello, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de propostas.

Meis, 19 de setembro de 2003.

José Luis Pérez Estévez

Alcalde