Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 26 de setembro de 2003 Páx. 12.096

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 17 de setembro de 2003 pola que se fixan os prezos de inscrición para o congreso internacional Forovol do voluntariado social ó voluntariado ambiental, que levará a cabo a Dirección Xeral do Voluntariado da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado no mes de novembro de 2003.

Dando cumprimento ó disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, procede regula-los prezos de inscrición para a asistencia ó congreso internacional Forovol do voluntariado social ó voluntariado ambiental que levará a cabo a Dirección Xeral do Voluntariado da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

A Lei 13/1991, que regula as taxas, prezos e exencións, dispón no seu artigo 6 que a contía destes será acordada por orde da consellería correspondente, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Os prezos privados esixibles pola inscrición no congreso internacional FOROVOL Do voluntariado social ó voluntariado ambiental, son os que se fixan

no anexo a esta orde e xestionarase de acordo co disposto na normativa vixente en materia de prezos privados.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Disposición derradeira

Facúltase a directora xeral do Voluntariado para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude,

Deporte e Voluntariado

ANEXO

A inscrición no congreso internacional Forovol Do voluntariado social ó voluntariado ambiental, terá dúas tarifas:

1. Contía que deberán paga-las persoas que posúan o Carné Xove, Carné Máis, carné universitario ou título de familia numerosa.

-Contía por persoa: 15 euros.

2. Contía que deberán paga-las persoas que non se atopen nas circunstancias anteriores.

-Contía por persoa: 30 euros.