Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 25 de setembro de 2003 Páx. 12.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 8 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 253/2003).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: U.D.E.S.A.

Domicilio social: r/ Madrid, 1, baixo, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: L.M.T.A., C.T. depuradora de traída de augas.

Situación: O Pino.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-30, de 133,69 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 19 da liña que alimenta o C.T. Granxas Deca e final no C.T.I. depuradora de traída de augas, que se vai instalar.

C.T. tipo intemperie sobre apoio de formigón, de 25 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en depuradora de traída de augas. O Pino.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 8 de agosto de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións