1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Concello de Ourense.
1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Negociado de Infraestructuras.
1.3. Número de expediente: ref. 1504.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación das obras de renovación do firme e pavimento da rúa do Paseo entre E. Montes e C. Eloy.
2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación de planeamento e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 90 días.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: urxente.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso.
4. Orzamento base da licitación.
4.1. Importe total: 363.778,19 euros, IVE incluído.
5. Fianzas.
5.1. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.
6. Obtención da documentación e información.
6.1. Entidade: Negociado de Infraestructuras.
6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.
6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.
6.4. Teléfono: 981 38 81 33.
7. Requisitos.
7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade, e que teñan a seguinte clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría e.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
8.1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel
no que apareza inserido o último anuncio no BOP ou DOG, das 9.00 ás 13.00 horas.
8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 5 do prego de cláusulas administrativas.
8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, 1.
8.4. Localidade: Ourense.
8.5. Prazo de vinculación da oferta: tres meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas.
9.1. Entidade: Concello de Ourense.
9.2. Enderezo: praza Maior, 1.
9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.00 horas.
10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.
11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.
Ourense, 22 de agosto de 2003.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde