Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 24 de setembro de 2003 Páx. 12.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2003 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante; na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse, en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar, por resolucións que poñen fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

Resolución: 3-7-2003.

Obxecto: construcción de almacén de pasta de papel.

Porto: Ribadeo.

Adxudicatario: Pérez Torres y Cía, S.L.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 3-7-2003.

Obxecto: ocupación de local con destino a despacho de productos de alimentación e bebidas para o sector pesqueiro e explotación de bar.

Porto: San Cibrao.

Adxudicatario: Ramón Míguelez Tola.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 7-7-2003.

Obxecto: construcción dunha nave para instalacións de manipulación, depuración e cetaria de pesca e marisco.

Porto: Portocubelo.

Adxudicatario: confraría de pescadores de Lira.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 4-7-2003.

Obxecto: modificación da concesión administrativa outorgada por Resolución do 28-8-2001 para a ocupación das instalacións da lonxa para a prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa con destino á execución de obras de reforma do edificio da lonxa e montaxe nel dunha fábrica de xeo.

Porto: Laxe.

Adxudicatario: confraría de pescadores de Laxe.

Prazo: ata o 20-1-2006.

Resolución: 15-5-2003.

Obxecto: cambio de titularidade da concesión administrativa de ocupación dunha superficie de dominio público portuario para a construcción dunha nave con destino a taller de reparación de motores mariños.

Porto: A Pobra do Caramiñal.

Adxudicatario: Mariña Esmar, S.L.

Prazo: ata o 22-12-2017.

Resolución: 17-6-2003.

Obxecto: cambio de titularidade da concesión administrativa de ocupación dunha parcela de dominio público portuario para a construcción dun taller mecánico de reparación de barcos.

Porto: Malpica de Bergantiños.

Adxudicatario: Talleres Hermanos Castro Cotelo, S.L.

Prazo: ata o 15-3-2005.

Resolución: 4-6-2003.

Obxecto: cambio de titularidade da concesión administrativa con destino á construcción dun almacén para efectos navais e útiles de pesca.

Porto: Burela.

Adxudicatario: O Rol de Burela, S.L.L.

Prazo: ata o 15-12-2022.

Resolución: 8-8-2003.

Obxecto: instalación dunha planta satélite de gas natural licuado.

Porto: Tragove.

Adxudicatario: Gas Galicia SDG, S.A.

Prazo: 4 anos.

Resolución: 8-8-2003.

Obxecto: construcción dunha nave para almacén de productos relacionados coa producción e comercialización do mexillón.

Porto: Meloxo.

Adxudicatario: Amegrove, Sociedad Cooperativa Limitada.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 4-9-2003.

Obxecto: construcción dunha nave para estaleiro.

Porto: Rianxo.

Adxudicatario: José Benito Losada Fachado.

Prazo: 15 anos.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia