Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 24 de setembro de 2003 Páx. 12.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2003 pola que se corrixen erros no prego de prescricións técnicas particulares que rexen para o concurso anunciado mediante Resolución do 1 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a subministración de trinta e cinco ordenadores persoais e cen impresoras. (Expediente 63/2003).

Advertidos erros no prego de prescricións técnicas particulares que rexe para o devandito concurso, respecto das características das impresoras (100).

DISPOÑO:

1º. Onde di: «Velocidade de 20 ppm.», debe dicir: «Velocidade de 16 ppm.».

2º O prazo para a presentación de proposicións para a realización da subministración de referencia (15 días naturais) computarase a partir do día seguinte á publicación da presente corrección no Diario Oficial de Galicia.

3º. Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, avda. de San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela ás 9.30 horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrum

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais