Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 24 de setembro de 2003 Páx. 12.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 25 de agosto de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a proposta de expediente sancionador PESAN1 2003/000113-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as propostas dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que estime pertinentes.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, Concepción Arenal, 8-5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 03/000113-5.

Denunciada: Mª Nieves Romero Fontán.

DNI: 35417022-N.

Enderezo: r/ Cea-Trabanca-Badiña, 12, Vilagarcía de Arousa.

Vigo, 25 de agosto de 2003.

Marta Molíns Otero

Instructora