Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 24 de setembro de 2003 Páx. 11.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 6 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/250).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e

no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: recuamento C.T. Muxía II.

Situación: Muxía.

Descricións técnicas: centro de transformación en caseta prefabricada de formigón de 400 kWA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, denominado Muxía II, con acometida, subterránea desde o tramo de liña existente entre C.T. Coido e C.T. Muxía III, do que partirá liña subterránea de baixa tensión, de 116 m de lonxitude e con conductor R.V. que se conectará á rede existente. Concello de Muxía.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 6 de agosto de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña