Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 24 de setembro de 2003 Páx. 11.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO do 11 de agosto de 2003, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, polo que se notifica a resolución respecto da solicitude de cambio de titularidade do predio número 96 do expediente de expropiación para as obras de clave N/LC/83.3, termo municipal de Santiago de Compostela.

Por este edicto, e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 4/1999, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, co fin de lles notificar ós herdeiros de Plácido Castelo (ou Castedo) e, en concreto, a Francisco Castelo Casal, Rosa Castelo e Antonio Castelo, dos que se descoñece o domicilio, e a cantas persoas

poida afecta-lo asunto, faise público que con data do 11 de agosto de 2003 se acordou o cambio de titularidade da referida parcela nº 096 a favor de Rosa Inés Lacunse.

A resolución está á disposición dos interesados no Servicio Provincial de Estradas sito na praza de Luís Seoane s/n, 8º na Coruña.

Contra a dita resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación. O recurso poderá presentarse directamente ante a dita autoridade ou no servicio de estradas.

A Coruña, 11 de agosto de 2003.

José Luis Rodríguez Alonso

Xefe do Servicio de Estradas da Coruña