Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 24 de setembro de 2003 Páx. 11.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, das asistencias técnicas de clave AC/98/118.01 e sete máis.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica para o control e a vixilancia, incluído a de coordinador de seguridade e saúde da obra: acondicionamento da estrada AC-401. Treito: Cerceda-A Silva. Convenio entre o Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Industria e Comercio do 18 de decembro de 2001.

Clave: AC/98/118.01

Orzamento: cento trinta mil trescentos corenta e oito euros con corenta e un céntimos (130.348,41 euros).

Prazo de execución: 20 meses.

2. Asistencia técnica para control e vixilancia, incluído a de coordinador de seguridade e saúde da obra: acondicionamento da estrada AC-224 Ordes-Lanzá. Treito: Ordes-A-9. Convenio entre o Instituto para a Reestructuración da Minería do Car

bón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Industria e Comercio do 18 de decembro de 2001.

Clave: AC/01/064.01.

Orzamento: sesenta e catro mil corenta e cinco euros con catro céntimos (64.045,04 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

3. Asistencia técnica para o control e a vixilancia, incluído a de coordinador de seguridade e saúde da obra: acondicionamento da estrada C-535 Becerreá-Vendas de Narón. Treito: polígono industrial de Sarria-Saa.

Clave: LU/99/036.01.

Orzamento: douscentos vintedous mil cento seis euros con trinta e seis céntimos (222.106,36 euros).

Prazo de execución: 30 meses.

4. Asistencia técnica para o control e vixilancia, incluído a de coordinador de seguridade e saúde da obra: acondicionamento da estrada OU-404 de Celanova a Barral. Treito: Ponte da Ella-límite norte do termo municipal de Cartelle.

Clave: OU/00/037.01.

Orzamento: cento vintetrés mil cento doce euros con trinta e cinco céntimos (123.112,35 euros).

Prazo de execución: 30 meses.

5. Asistencia técnica para o control e a vixilancia, incluído a de coordinador de seguridade e saúde da obra: acondicionamento da estrada PO-261 Mondariz-C-531 (Maceira). Treito: Covelo-Maceira.

Clave: PO/99/021.01.

Orzamento: cincuenta e nove mil seiscentos sesenta euros con oitenta e nove céntimos (59.660,89 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

6. Asistencia técnica para a realización de expropiacións da obra: Plan Galicia: acondicionamento da estrada AC-404 (antiga C-545) Santa Comba-Baio. Treito: Santa Comba-Zas.

Clave: AC/01/001.01.1.

Orzamento: sesenta e catro mil oitocentos oitenta e sete euros con oito céntimos (64.887,08 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

7. Asistencia técnica para a realización de expropiacións da obra: Plan Galicia: autovía Ferrol-Vilalba. Treito: núcleo urbano das Pontes de García Rodríguez-Cabreiros.

Clave: GA/00/077.01.

Orzamento: sesenta e catro mil setecentos catro euros con oitenta e sete céntimos (64.704,87 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

8. Asistencia técnica para o control e a vixilancia ambiental da obra: corredor do Morrazo. Treitos I e II.

Clave: PO/99/061.01.

Orzamento: cento oitenta e seis mil cento corenta e seis euros con noventa e catro céntimos (186.146,94 euros).

Prazo de execución: 30 meses.

Solicitaranse os medios de acreditación da personalidade xurídica e capacidade previstos no artigo 15 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica ou profesional acreditarase segundo se especifica no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 50 45.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono 981 58 89 38.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte

ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta é de 3 meses desde a apertura das proposicións.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda