Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2003 Páx. 11.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO de adxudicación de contratos.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación dos contratos que a continuación se relacionan:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: xestión de servicios públicos.

b) Descrición do obxecto.

1.1. A redacción dos documentos técnicos, administrativos e económicos seguintes:

a) O proxecto de construcción das obras e instalacións do complexo mediambiental de tratamento (planta de reciclaxe e concompostaxe) de residuos sólidos urbanos e asimilabres -no sucesivo RSUxerados no municipio de Lugo.

b) O proxecto de explotación do complexo citado.

c) O Plan municipal de xestión de RSU do Concello de Lugo, que conterá as determinacións e documentos establecidos na lexislación estatal e autonómica e as prescricións que lle sexan de aplicación do Plan autonómico galego de RSU.

d) O estudio de impacto ou efectos ambientais.

e) Os demais estudios, documentos e proxectos necesarios para defini-las obras e instalacións do complexo citado e para a obtención das licencias, autorizacións e permisos que legalmente sexan esixibles para a súa execución, posta en funcionamento e explotación.

f) O regulamento do servicio.

1.2. A construcción da planta e instalacións indicadas de acordo cos pregos de cláusulas administrativas particulares e de bases ou prescricións técnicas, cos seus respectivos proxectos e coa declaración de efectos ambientais e licencias, permisos e autorizacións administrativas outorgadas.

1.3. A xestión do servicio de tratamento dos RSU do Concello de Lugo e explotación integral do complexo medioambiental, de conformidade co Plan de Xestión de RSU de Lugo, cos pregos, proxectos e permisos, licencias e autorizacións sinalados nos dous parágrafos anteriores desta cláusula.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: BOP número 285, do 13-12-2002; DOG número 242, do 17-12-2002; BOE número 303, do 19-12-2002 e no DOCE.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: non se fixa orzamento previo dado que son os licitadores os que presentarán os anteproxectos necesarios para a execución do obxecto do contrato.

5. Adxudicación.

a) Data: 7 de abril de 2003.

b) Contratista: Urbaser, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 12.627.785,37 euros.

Lugo, 22 de agosto de 2003.

José Clemento López Orozco

Alcalde