Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2003 Páx. 11.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 25 de agosto de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2002/000530-5 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, Concepción Arenal, 8-5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000530-5.

Denunciado: Abdellah N Bevi.

DNI: X22424223S.

Enderezo: Tiro Naval Janer-Marín.

Precepto infrinxido: 7.15º.

Sanción: 6.010,13 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000760-5.

Denunciado: Juan Manuel Durán Vilas.

DNI: 76872014B.

Enderezo: Vicente Risco, 12-Cambados.

Precepto infrinxido: 6.13º.

Sanción: 219,38 euros.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos o documento de ingreso correspondente.

Vigo, 25 de agosto de 2003.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra