Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. r/ O Río do Cura.
Situación: Camariñas.
Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, dunha lonxitude de 330 m, orixe L.M.T.A. O Allo-Vimianzo e final no C.T.C. r/ O Río do Cura (proxectado), conductor R.H.V. 12/20 kV-3x240 Al. Centro de transformación non prefabricado r/ O Río do Cura, cunha potencia de 400 kVA e relación de tensións 20/0,380-0,220 kV. Concello de Camariñas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 13 de agosto de 2003.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións