Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2003 Páx. 11.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 31 de xullo de 2003, do Servicio de Xestión Xurídico-Administrativa da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se notifican as resolucións sancionadoras dictadas nos expedientes administrativos incoados por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente SANC/MG/42/03).

O director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dictou resolución nos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo.

Nas devanditas resolucións sancionadoras, ademais de impoñe-la sanción de multa que en cada caso se indica, acordouse ordena-la restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infración nun prazo de 15 días contados desde a notificación (artigo 47.3º LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4º LEG) e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante.

Intentada a notificación persoal destas, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica.

Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5º e 61 da devandita norma legal, notifícaselle á persoa que se relacionan no anexo o contido das referidas resolucións recaídas nos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora en materia de estradas.

Os interesados despoñen dun prazo de dez días, computados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula, para examina-lo expediente sancionador depositado no Servicio de Xestión Xurídico-Administrativa da Dirección Xeral de Obras Públicas, sito nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que as ditas resolucións sancionadoras esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer ben recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Os prazos de interposición de cadanseu recurso será respectivamente, dun mes e dous meses computados desde o día seguinte o remate do prazo de dez días antes sinalado ou da comparecencia do interesado, de se-lo caso.

As sancións impostas deberán facerse efectivas mediante ingreso en calquera oficina da Caixa Galicia, conta contable 840, código 01 ou Caixanova,

recadación Xunta, modelo XTAX, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, consonte regula o artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 31 xullo de 2003.

José Antonio Domínguez Varela

Xefe do Servicio de Xestión

Xurídico-Administrativa

ANEXO

-Expediente: SANC/MG/42/03.-Denunciado: S.B.P. Promotora.-Último enderezo coñecido: Los Capelos, s/n, 15175 Carral (A Coruña).-Feito denunciado: colocación dun guindastre na zona de circulación da estrada.-Data, estrada, p.k.: 7-11-2002; AC-122; p.k. 9,980.-Precepto infrinxido: artigo 43.4º h) Lei 4/1994.-Precepto sancionador: artigo 47.1º Lei 4/1994.-Sanción imposta: 1.203,00 A.