Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2003 Páx. 11.953

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Elaboradora de Cefalópodos, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Elaboradora de Cefalopodos, S.A. (código convenio 1503452), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-7-2003, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa o día 3-7-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, desta dele

gación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de xullo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

III Convenio colectivo de ámbito de empresa

Elaboradora de Cefalópodos, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo será de aplicación á totalidade dos traballadores e traballadoras que presten os seus servicios nos dous centros de traballo da empresa Elcesa, situados en el polígono de Bergondo, así como os que ingresen na empresa durante a súa vixencia.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Este convenio colectivo terá unha duración de dous anos, e entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 2003 ata o 31 de decembro de 2004, e durante a súa vixencia non poderá ser afec

tado polo disposto en convenio de ámbito distinto, todo iso ó abeiro de canto prevexa o artigo 84 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, que aprobou o Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º

Este convenio extinguirase o 31 de decembro de 2002 sen necesidade de denuncia previa.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións contidas neste convenio se establecen co carácter de mínimas. Os pactos actualmente existentes ou costumes máis beneficiosos sobre condicións serán respectados.

Artigo 5º.-Comisión paritaria do convenio.

Constitúese unha comisión paritaria, que cumprirá as seguintes funcións:

-Interpretación das cláusulas deste convenio.

-Aplicación do pactado e vixilancia do seu cumprimento.

-Mediación, arbitraxe e conciliación no caso de conflicto colectivo, cando se solicite por instancia dun dos seus órganos.

A comisión paritaria estará integrada por dous órganos, un en representación do sector social e outro en representación da empresa; cada un estará integrado por tres representantes pertencentes á comisión negociadora. Ámbalas partes poderán ser asistidas por un asesor, con voz pero sen voto. Os acordos da comisión paritaria requirirán, validamente constituída, a asistencia á reunión de dous membros de cada unha das representacións.

Artigo 6º.-Horario de traballo e xornada.

A xornada de traballo fíxase en 40 horas semanais efectivas, e aboaranse como extraordinarias o exceso de horas traballadas coas recargas que se establezan neste convenio.

A xornada establecerase de luns a venres, a razón de oito horas diarias de xornada continua.

O persoal terá un descanso de 30 minutos no momento de menos afluencia de traballo; este descanso computarase como tempo de traballo efectivo.

O total anual de horas efectivas de traballo é de 1.826 horas, salvo que por lei de rango superior se modificase o dito cómputo.

Artigo 7º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias prestadas polo persoal masculino e feminino serán satisfeitas cunha recarga do 80% sobre o salario tipo hora ordinaria que resulte da aplicación das retribucións fixadas no convenio.

Artigo 8º.-Premio por matrimonio.

Todo traballador/a que contraia matrimonio estando de alta na empresa, cunha antigüidade mínima de seis meses, percibirá un premio a cargo desta consistente en 121 euros.

Artigo 9º.-Vacacións.

O descanso anual retribuído de persoal comprendido neste convenio será de trinta días naturais a partir do primeiro ano de traballo, establecéndose a data para as vacacións de común acordo entre as partes (empresarios e traballadores), coa participación do comite de empresa confeccionarase para tal fin unha lista de vacacións que deberá estar exposta na empresa antes do 31 de marzo, fixándose no primeiro trimestre do ano, por orde de antigüidade e orde rotativa nos sucesivos anos; no caso de non chegar a acordo, quince días serán sinalados polo empresario e outros quince polo traballador.

O persoal que ingrese na empresa no transcurso do ano terá dereito á parte proporcional do tempo traballado; en todo caso, respectarase o establecido no Estatuto dos traballadores.

Artigo 10º.-Día da patroa e festivos locais.

Establécese como día festivo non recuperable o día 16 de xullo, día da patroa, a Virxe do Carme. Así mesmo, os dous centros de traballo da empresa Elcesa rexeranse polos festivos locais da Coruña (4 de marzo -martes de entroido-e 7 de outubro).

Artigo 11º.-Retribucións.

Serán de aplicación as establecidas na táboa anexa. Faise constar que o complemento de transporte sinalado na táboa anexa se percibirá mesmo nos supostos de enfermidade ou accidente de traballo.

Artigo 12º.-Xornada nocturna.

Establécese un complemento de nocturnidade dun 25% sobre o salario para todos aqueles traballadores que realicen a súa xornada en horario nocturno. Enténdese por xornada nocturna a partir das 21.00 horas.

Artigo 13º.-Antigüidade.

O dereito por antigüidade consistirá en trienios e serán fixados na contía do 4% do salario deste convenio, sen limitacións no número deles.

O cómputo da antigüidade ó persoal dará comezo desde a data de ingreso na empresa, sexa cal for a categoría profesional que teña.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Cada unha das gratificacións do 25 de xullo e Nadal consistirá nunha mensualidade dos salarios que se establecen neste convenio, a razón do salario base, complemento de transporte e antigüidade; estas gratificacións terán que ser aboadas o día 25 de xullo e a de decembro non máis tarde do día 22 dese mes.

Artigo 15º.-Gratificación extraordinaria de beneficios.

O mes de marzo aboarase unha paga denominada de beneficios, cunha contía de trinta días de salarios percibidos no ano natural anterior, a razón de salario base, complemento de transporte e antigüidade, com

putándose como tal o correspondente a enfermidade xustificada, permisos retribuídos e baixas por accidente de traballo. No caso de non ter permanecido na empresa durante o ano natural anterior, o seu importe reducirase, sendo proporcional ó tempo traballado nela.

Artigo 16º.-Licencias con soldo.

Todo traballador ten dereito ás seguintes licencias retribuídas:

a) Por matrimonio: 16 días hábiles.

b) Por falecemento ou enfermidade grave do cónxuxe, ascendentes ou descendentes: 7 días hábiles.

Enténdense como tales os consanguíneos ou por afinidade, políticos, en caso de irmáns: 5 días hábiles.

c) Establécese unha licencia retribuída de 2 días en caso de enfermidade ou morte dos avós, fillos políticos, irmáns políticos ou tíos.

d) Por parto da esposa: 7 días naturais.

e) Establécese unha licencia retribuída en caso de acompañamento a probas ou recoñecementos médicos de fillos/as menores de trece anos, sempre que o traballador sexa titor ou responsable deles, e sen límite de idade se se trata de diminuídos físicos ou psíquicos.

f) Por cambio de domicilio: 1 día hábil.

g) Por bautizo, primeira comuñón e matrimonio de fillos/as: 1 día laborable.

Recoñécenselles os mesmos dereitos daqueles que se derivan do matrimonio civil para as parellas de feito, entendéndose como cónxuxe a persoa que nese momento conviva co traballador/a.

Artigo 17º.-Persoal afectado.

Todo o persoal afectado por este convenio non poderá prestar máis servicios que os debidos á empresa para a que traballa, e a negativa do traballador a prestar servicios en empresa distinta á súa non será considerada como desobediencia para os efectos das causas de despedimento sinaladas na lei. Así mesmo, ningún traballador poderá prestar servicios a outras empresas do sector distintas á súa. O incumprimento destas normas dará lugar a causa de despedimento disciplinario, de acordo co establecido na lexislación vixente.

Artigo 18º.-Seguridade no traballo.

A empresa estará obrigada a dota-lo seu persoal de roupa de traballo adecuada ó ambiente e dadas as especiais circunstancias dos cometidos e funcións que realizan. Para estes efectos, a empresa facilitará a roupa necesaria de acordo coas peculiaridades de cada posto de traballo.

Artigo 19º.-Anticipos reintegrables.

A empresa estará obrigada a anticiparlles a todos aqueles traballadores que conten cunha antigüidade

mínima de seis meses dentro dela, e así o soliciten, o importe dunha mensualidade de retribución, adianto este que será reintegrado polo traballador de forma fraccionada ou de entregas parciais, por períodos mensuais, quincenais ou semanais, segundo conveña ó traballador, non devengando xuro de ningún tipo este aprazamento no pagamento. A empresa non estará obrigada a aboa-lo mencionado adianto cando as peticións superen o 50% do cadro de persoal da empresa.

De tódolos xeitos, no caso de cesar na empresa o traballador, a suma que puidese ter pendente de saldar seralle descontada da liquidación que lle puidese corresponder, e de non o asistir tal dereito estará obrigado a reintegrala de maneira inmediata.

Artigo 20º.-Realización de tódalas manipulacións.

Os aprendices, empacadores, oficiais empacadores, encargados ou compradores realizarán tódalas operacións de manipulación, entendéndose por tales as de arrastre de caixas, carga e descarga, preparación e demais relacionadas co tratamento do peixe, coas limitacións que establece o Decreto do 26 de xullo de 1957.

Artigo 21º.-Traballo por axuste.

O traballo por axuste será aboado na conta que mutuamente acorden as empresas e os traballadores, pero en todo caso as tarefas deberán representa-lo mínimo das retribucións fixadas na táboa salarial, incrementada no 45% dela.

Artigo 22º.-Traballo de categoría superior.

O traballador que realice labores de categoría superior á que teña asignada percibirá o salario correspondente a aquela durante o tempo que dure esa situación, pero se se prolongase máis de catro meses, automaticamente adquirirá a categoría que realmente lle corresponde.

A categoría profesional de oficial empacador adquirirase de modo automático ós seis anos de servicio na empresa. Ó traballador/a que se atope en situación de incapacidade temporal (baixa por causa de enfermidade común), por un período superior a seis meses consecutivos, non se lle computará o tempo de baixa que exceda dos seis meses, exceptuando as baixas por hospitaliación e intervención cirúrxica.

Artigo 23º.-Asemblea sindical da empresa.

Recoñéceselle-lo dereito de reunión dentro da empresa ós traballadores desta afectados por este convenio, fóra da xornada laboral ou inmediatamente ó rematar esta.

Os traballadores non poderán ser despedidos ou sancionados por estaren afiliados a un sindicato.

Nos casos en que un traballador sexa representante sindical ou delegado de persoal, recibirá as licencias necesarias para o normal desenvolvemento da súa actividade sindical de acordo coa lexislación vixente; en todo caso a empresa terá dereito a pedir xustificantes das licencias conseguidas.

Artigo 24º.-Enfermidade ou accidente.

Tódolos traballadores suxeitos a este convenio que se atopen en situación de baixa por enfermidade ou accidente percibirán, con cargo á empresa, a compensación económica necesaria con fin de que perciban o 100% do seu salario real durante un máximo de doce meses.

Así mesmo, os períodos de enfermidade ou accidente non se terán en conta para deducir dos períodos de vacacións.

Artigo 25º.-Táboa de salarios.

Fíxanse como mínimas as retribucións que figuran na táboa anexa, sendo o incremento para o ano 2003 dun 4%, e o complemento de transporte quedará fixado en 70,79 euros por mes para tódalas categorías, que se farán efectivos desde o 1 de xaneiro de 2003. Para o ano 2004 o incremento salarial será o IPC previsto polo Goberno para o dito ano máis 0,75 puntos porcentuais.

Artigo 26º.-Xubilación.

a) Os traballadores/as que teñan o necesario período de carencia e cumpran a idade establecida para causaren dereito á xubilación normal (65 anos na actualidade), deberanse xubilar obrigatoriamente co fin de que a empresa poida facilitar un novo emprego.

b) O persoal con 10 anos de antigüidade como mínimo na empresa, que se xubile durante a vixencia deste convenio, poderá solicitar que se lle conceda un premio de xubilación nas condicións e contía que a continuación se especifican:

-Xubilación voluntaria ós 60 anos: 3.006 euros.

-Xubilación voluntaria ós 61 anos: 2.405 euros.

-Xubilación voluntaria ós 62 anos: 2.104 euros.

-Xubilación voluntaria ós 63 anos: 1.804 euros.

-Xubilación voluntaria ós 64 anos: 1.503 euros.

Para a súa percepción deberase solicitar no prazo de tres meses desde o cumprimento da idade correspondente. Se, cumpridos os 64 anos de idade e seis meses máis o traballador non solicitase a xubilación, perderá o dereito a este complemento.

Á vista de cada solicitude concreta, a dirección decidirá discrecionalmente, logo de informe dos representantes dos traballadores.

Unha vez fixada a contía do premio, a empresa poderá fracciona-lo pagamento durante un máximo de doce meses.

Artigo 27º.-Revisión salarial.

Para o ano 2003 garántese o IPC real do dito ano. Esta revisión aplicarase con efectos do día 1 de xaneiro de 2003 e aboarase no primeiro trimestre do ano 2004, servindo de base os novos salarios así establecidos para determina-los correspondentes ó ano 2004.

Para o ano 2004 garántese o IPC real do dito ano. Esta revisión aplicarase con efectos do día 1 de xaneiro de 2004 e aboarase no primeiro trimestre do ano 2005, servindo de base os novos salarios así establecidos para determina-los correspondentes ó ano 2005.

Artigo 28º.-Complemento de frío.

Establécese un complemento de 100 euros mensuais para os carreteiros que realicen a súa tarefa habitual en cámaras frigoríficas.

Artigo 29º.-Complemento de quendas.

Establécese un complemento de 30 euros mensuais para os traballadores/as que, a pedimento da empresa, teñan que cambia-la súa quenda ou realicen a súa xornada de traballo en réxime de quendas rotativas.

Artigo 30º.-Seguro de invalidez e morte.

A empresa contratará un seguro de invalidez colectivo permanente total ou de morte por accidente durante as vintecatro horas do día, domingos e festivos, para todo o persoal afectado por este convenio, coas seguintes indemnizacións:

-Por morte: 18.031 euros.

-Por invalidez permanente total ou absoluta: 21.035 euros.

-Esta póliza entrará en vigor o mesmo día do asinamento do convenio.

Disposición adicional

Primeira.-Contratos temporais.

En todo o referente á contratación temporal rexerá o disposto no convenio colectivo estatal de conservas, semiconservas e salgaduras de peixes e mariscos.

ANEXO

Táboa provisional de salarios 2003

Categoría profesionalSalario base

(euros)

Complemento

transporte (euros)

Total mensual

(euros)

Total anual

(euros)

Grupo primero

Persoal técnico titulado

Titulado grao superior803,0070,79873,7913.106,85

Biólogo803,0070,79873,7913.106,85

Veterinario803,0070,79873,7913.106,85

Titulado grao medio705,1070,79775,8911.638,35

Encargado de laboratorio705,1070,79775,8911.638,35

Grupo segundo

Persoal mercantil non titulado

Encargado de establecemento705,1070,79775,8911.638,35

Oficial empacador/a645,7470,79716,5310.747,95

Fileteador/a645,7470,79716,5310.747,95

Empacador/a621,1070,79691,8910.375,35

Almaceneiro621,1070,79691,8910.375,35

Aprendiz de empacador533,9470,79604,739.070,95

Comprador705,1070,79775,8911.638,35

Carretilleiro645,7470,79716,8910.747,95

Conductor645,7470,79716,5310.747,95

Grupo terceiro

Persoal administrativo

Oficial administrativo621,3770,79692,1610.382,40

Contable621,3770,79692,1610.382,40

Auxiliar administrativo588,9770,79659,769.896,40

Comercial588,9770,79659,769.896,40

Promotor de vendas588,9770,79659,769.896,40

Analista informático588,9770,79659,769.896,40

Aspirante533,9470,79604,739.070,95