Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2003 pola que se anuncia a licitación, mediante concurso aberto e tramitación urxente, das obras de clave AC/01/18.6 e dúas máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción intersección na C-642 en Ponte Mera coa estrada a Cariño (Ortigueira).

Clave do expediente: AC/01/18.6.

Orzamento base de licitación: noventa e nove mil setecentos dez euros con vinteún céntimos (99.710,21 A).

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

b) Descrición do obxecto: mellora de interseccións e firmes nas estradas AC-543, de Santiago de Compostela a Noia e AC-414, de Carballo a Malpica de Bergantiños.

Clave do expediente: AC/03/109.06.

Orzamento base de licitación: trescentos trece mil setecentos setenta e seis euros con sesenta e oito céntimos (313.776,68 A).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

c) Descrición do obxecto: mellora de interseccións e firmes nas estradas: AC-840, PK 20, 730 e AC-213/AC-214.

Clave do expediente: AC/03/110.06.

Orzamento base de licitación: trescentos mil euros (300.000,00 A).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio Provincial de Contratación da Coruña.

b) Domicilio: edificio administrativo de Monelos. Praza Luis Seoane s/n, 8º andar centro.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15008.

d) Teléfono: 981 18 48 62.

e) Telefax: 981 18 48 36.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a esixida, para cada contrato, no punto 2 anterior.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará ás 12.00 horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública na Coruña, dirixidas ó delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, A Coruña, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (ver parágrafo 2.2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.

8. Apertura das ofertas: terá lugar ás 11.00 horas do duodécimo día hábil que non coincida en sábado, nese caso trasladarase ó luns, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na Coruña.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº A), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo DOG: por liña 9,56 euros.

A Coruña, 10 de setembro de 2003.

P.D. (Orde 27-8-2003)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña