Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 19 de setembro de 2003 Páx. 11.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2003 pola que se conovoca un concurso, con procedemento aberto, para a contratación do deseño e desenvolvemento do conxunto de páxinas, programas e imaxe corporativa da web do Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local da provincia da Coruña.

Expediente número 7083/2003 do Servicio de Patrimonio e Contratación.

Obxecto: contratación do deseño e desenvolvemento do conxunto de páxinas, programas e imaxe corporativa da web do Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local da provincia da Coruña.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: 45 días contados desde a notificación da adxudicación.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

Orzamento: o orzamento máximo de licitación ascende a un total de 11.671,34 euros incluíndo todo tipo de honorarios profesionais, gastos e impostos.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13.00 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte

ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 8 de setembro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña