Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 19 de setembro de 2003 Páx. 11.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/499-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36280 Vigo.

Denominación: L.M.T. de C.T. Lagoa a apoio 1 L.M.T. Salceda.

Situación: concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor R.H.V., de 425 m de lonxitude, con orixe no C.T. Lagoa e remate no apoio 1 da L.M.T. Salceda, rúa Rosalía de Castro de Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 28 de xullo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra