De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.
Segundo.-Poderán concorrer a eles os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais (edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.
Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. No caso de que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un funcionario con destino noutra Admi
nistración ou que estea nesta comunidade autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, requirirase informe favorable da Administración de orixe que, de non emitirse no prazo de 15 días naturais e tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, se considerará favorable. Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma, procederase á adxudicación do posto para o que foi seleccionado.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade do novo destino, e dun mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.
O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.
Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.
Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2003.
María José Cimadevila Cea
Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego
e Relacións Laborais
ANEXO I
específico escala Adm. p. acad. específica
Denominación Código Nivel Complemento
Gr. Corpo/
Adscr.
Tit.
Formación
Centro destino Localidade
Subdirección X. de Apoio á Contratación e a Emprendedores FA.C05.00.001.15770.001 30 15.073,08 A Xeral A11 523-640 Subdirección Xeral de Apoio á Contratación e a Emprendedores Santiago de Compostela
Servicio de Apoio a Emprendedores FA.C05.00.001.15770.016 28 11.082,96 AB Xeral A11 640 Subdirección Xeral de Apoio á Contratación e a Emprendedores Santiago de Compostela
específico escala Adm. p. acad. específica
Denominación Código Nivel Complemento
Gr. Corpo/
Adscr.
Tit.
Formación
Centro destino Localidade
Servicio de Promoción do Emprego FA.C99.10.000.15001.155 28 9.309,72 AB Xeral A11 640 Delegación Provincial da Coruña A Coruña
Descrición códigos da adscrición a administracións públicas:
A11: adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas.
Descrición códigos de formación específica:
523: diploma de directivo.
640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).
ANEXO II
NOTA: úsese o publicado na páxina 11.882.