O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na súa sesión do 30 de xuño de 2003, aprobou definitivamente o Plan parcial do solo urbanizable programado número 7 (SUP-7) da Ponte Pedriña II, promovido polos servicios técnicos municipais.
O acto da aprobación definitiva do citado plan parcial foi comunicado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data do 31 de xullo de 2003, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
De acordo co sinalado no artigo 92.2º da citada lei, publicouse no BOP número 185 o día 13 de agosto de 2003, o texto íntegro da normativa.
Contra o acordo de aprobación definitiva do plan parcial poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior
de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2003.
Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde