Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, da contratación dun servicio de apoio á área de arquitecturas tecnolóxicas no Servicio Galego de Saúde (S/292-2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita el expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: S/292-2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: un servicio de apoio á área de arquitecturas tecnolóxicas no Servicio Galego de Saúde.

b) Lugar de ejecución: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

c) Prazo de execución: un ano desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: setenta e catro mil vintesete euros con trinta e sete céntimos de euro (74.027,37 A).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18, telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a apertura das proposicións en acto público.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar a partir das 9.00 horas A.M., na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do sexto día natural contado desde a data de finalización de presentación das ofertas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destes gastos ascende a mil euros (1.000 A).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2003.

P.D. (Orde 31-7-2003)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da División de Recursos

Económicos