Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 17 de setembro de 2003 Páx. 11.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 19 de agosto de 2003, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución de incautación correspondente ó expediente sancionador PESAN1 2003/000578-1.

De conformidade co disposto no art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a seguir se relacionan, as resolucións de incautacións nos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interporen, dentro do prazo dun (1) mes o recurso de alzada pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2003/000578-1.

Denunciado: Miguel Ángel Lago López.

DNI: 32411637-Z.

Enderezo: Novoa Santos, 30-8º A Coruña.

Preceptos infrinxidos: artígos 6.7º, 6.12º, e 6.13º.

Fianza fixada para a liberación dos bens incautados: 5.223,86 euros.

A Coruña, 19 de agosto de 2003.

Beatriz Mato Otero

Delegada territorial da Coruña