Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 17 de setembro de 2003 Páx. 11.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/549-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Decreto 1955/2000,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Eléctrica de Catoira, S.A.

Domicilio social: Gondar, 36000 Catoira.

Denominación: L.M.T.S. a centro de distribución Baiuca.

Situación: concello de Catoira.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor R.H.Z., de 560 m de lonxitude, desde a derivación a Penede da L.M.T. que ten orixe na C.I. de Unión Fenosa, ata o centro de distribución que se proxecta, con celas SF6, na Baiuca e outros 710 m para as derivacións de Oeste, A Baiuca e Dimo. A instalación sitúase no concello de Catoira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 5 de setembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegado provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO