Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 17 de setembro de 2003 Páx. 11.757

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala básica de vixilancia pesqueira, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 8 de setembro de 2003, o tribunal designado pola Orde do 17 de marzo de 2003 (DOG nº 57, do 21 de marzo), para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala básica de vixilancia pesqueira, convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001 (DOG nº 239, do 12 de decembro), modificada pola Orde do 16 de abril de 2002 (DOG nº 80, do 25 de abril), acordou, de conformidade coa base II.3 da convocatoria, realiza-lo terceiro exercicio da fase de oposición o día 22 de setembro de 2003, no aula número 5 da Escola Galega de Administración Pública; rúa Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 11.00 horas, e os opositores deberán estar presentes no citado lugar ás 10.45 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2003.

Juan Manuel Rodríguez Rodríguez

Presidente do tribunal

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA