Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 16 de setembro de 2003 Páx. 11.736

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ODELUC, S. COOP. LTDA.

ANUNCIO.

Conforme a lexislación vixente, faise público que, con data do 9 de agosto de 2003, a asemblea xeral con carácter extraordinario de Odeluc, Sociedad Cooperativa Limitada, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.-Proceder á reactivación da sociedade cooperativa, que foi disolta de pleno dereito como consecuencia da falta de adaptación dos estatutos á Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, dentro do prazo establecido legalmente para iso.

Segundo.-Adapta-los estatutos sociais á Lei 5/1998, do 18 de decembro.

Tercero.-Amplia-lo capital social na cantidade de tres mil catrocentos dezaoito euros con sesenta e nove céntimos, con cargo a reservas voluntarias, ó mínimo establecido nos estatutos, que ascende a tres mil cincocentos euros.

Cuarto.-Proceder á renovación total do Consello Rector e do interventor da sociedade cooperativa, resultando elixidos para desempeñar estes cargos os seguintes socios:

Presidente: Miguel Ángel Fernández Díaz.

Vicepresidente: José Rodríguez Pardo.

Secretario: José Luis Cancelo Gómez.

Interventor: Eduardo Blanco Moreno.

Tódolos elixidos aceptaron os cargos perante a propia asemblea e manifestaron que non lles afecta ningunha das incapacidades e incompatibilidades para o seu exercicio, contidas no artigo 48 da Lei 5/1998.

Miguel Ángel Fernández Díaz

Presidente