Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 16 de setembro de 2003 Páx. 11.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2003 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato de subministración de dous vehículos para o Consello Consultivo de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de subministración:

1. Entidade adxudicadora.

a) Consello Consultivo de Galicia.

b) Número de expediente: S.X. 1/2003.

2. Obxecto do contrato: adquisición de 2 vehículos para o parque móbil do Consello Consultivo de Galicia.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso público.

4. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 115, do 16 de xuño de 2003.

5. Orzamento base de licitación:

Importe total: 70.000,00 euros, IVE incluído.

6. Adxudicación.

Adxudicatario: Yáñez, S.L.

Importe de adxudicación: 62.258,00 euros.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2003.

P.D. (Resolución 20-1-1997)

Juan José Gallego Fouz

Secretario xeral do Consello Consultivo de Galicia