Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 16 de setembro de 2003 Páx. 11.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 31 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/240).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e

no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento do C.T. A Grelilla.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al.

-De 20 m de lonxitude, coa orixe e final na liña GRN-732 da Grela unha vez que entre e saia do C.T. A Grelilla, que se vai instalar.

-De 519 m de lonxitude, coa orixe na liña en GRN-709 en avda. dos Baños de Arteixo e final na liña que alimenta o C.T. Martinete unha vez que entre e saia do C.T. a Revolta, que se vai instalar.

-Centros de transformación, con tensións de 15/0,380-0,220 kV de 400 kVA na Grelilla e de 630 kVA, con seccionamentos I e II en A Revolta-A Grela. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 31 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña