Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 16 de setembro de 2003 Páx. 11.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2003 pola que se anuncia o procedemento de licitación, por concurso, do contrato de execución da obra da estación de autobuses da Gudiña (Ourense).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra da estación de autobuses da Gudiña (Ourense).

b) Prazo de execución: véxase cadro de características.

c) Orzamento base de licitación.

Importe máximo retido: 251.566,86 euros.

d) Garantías.

Provisional: 5.031,34 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

e) Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C; subgrupos 3 e 6; categoría d); grupo E, subgrupo 7, categoría b).

3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares, o cadro de características e demais documentación que rexe a contratación, poderase recoller en:

a) Entidade: nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes e nas delegacións provinciais da CPTOPV; a indicada documentación así como o proxecto de execución da obra poderá ser consultada no seguinte enderezo: NINO, Centro de Impresión Digital. R/ Xeneral Pardiñas nº 2, Santiago de Compostela; CP: 15706. Teléfono: 981 58 89 38.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Tamén se poderá recolle-lo prego de cláusulas administrativas particulares e o cadro de características na páxina da Internet: www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=3086.

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

5. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; se coincide nun día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme co disposto no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Enderezo: r/ San Caetano s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

6. Apertura das ofertas.

Realizarase nos locais da Dirección Xeral de Transportes. Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar). Localidade: Santiago de Compostela; ás 12.00 horas do décimo primeiro día hábil contado a partir do día seguinte á data límite de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

7. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario ata un importe máximo de 6.000 euros.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003; DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda