Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS NEVES

EDICTO sobre exposición pública do proxecto de modificacións puntuais do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

De acordo co establecido polo artigo 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública o expediente de modificacións puntuais nº 1, 2, 3, 4 e 5 do Plan Xeral de Ordenación Municipal das Neves, aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación o día 14 de xullo de 2003, por un período dun mes, para que durante este tempo, que comezará a contar desde a publicación no Diario Oficial de Galicia, se poida examina-lo expediente na secretaría deste concello, de luns a sábado das 9.00 ás 13.00 horas, e formula-las alegacións que coiden pertinentes.

As Neves, 28 de xullo de 2003.

Raúl Emilio Castro Rodríguez

Alcalde-presidente