Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.689

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2003 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación, a Eduardo Mosqueira Rey (praza 103/2001).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 103/2001 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación desta universidade, a favor de Eduardo Mosqueira Rey, e unha vez que o interesado acreditase os requisitos ós que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Eduardo Mosqueira Rey profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación desta universidade.

A Coruña, 11 de agosto de 2003.

P.D. (Resolución 9-8-2003)

Manuel González Sarceda

Vicerrector de Estudiantes