Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2003 Páx. 11.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES

ANUNCIO.

En sesión extraordinaria e urxente do Pleno do concello que tivo lugar o 27 de xuño de 2003, aprobouse definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Fornelos de Montes. O texto íntegro do plan publicarase no BOP de Pontevedra. Contra a súa aprobación definitiva poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación do dito texto íntegro no BOP; sen prexuízo de que se poida presentar calquera outro recurso que se considere pertinente.

Fornelos de Montes, 21 de xullo de 2003.

Serafín A. Martínez Martínez

Alcalde