Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2003 Páx. 11.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora. Concello de Bueu.

2. Obxecto do contrato: execución da obra: humanización da rúa prolongación Eduardo Vicenti.

3. Prazo de execución: 4 meses.

4. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

5. Tipo de licitación: 14.137,20 euros, IVE e demais tributos incluídos.

6. Garantías: provisoria: non se esixe. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

7. Obtención de información e documentación: Concello de Bueu. Eduardo Vicenti, 10, 36930 Bueu (Pontevedra). Teléfono: 986 39 00 29, telefax: 986 32 20 99.

8. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas.

Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Bueu, durante os 13 días naturais desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP). De 8.00 á 14.00 horas de luns a venres, de 9.30 a 13.00 horas os sábados, no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 9 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de 2 sobres pechados, A e B denominados de Documentación Xeral, e Documentación Específica para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 9 dos pregos de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: ás 13.00 horas do 3º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura o sábado considerase inhábil e trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Máis información nos pregos que se consultarán en horario de oficinas na propia casa do concello.

Bueu, 28 de agosto de 2003.

Félix Juncal Novas

Alcalde