Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2003 Páx. 11.620

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de setembro de 2003 pola que se resolve o concurso público de méritos para cubrir determinados postos en réxime de comisión de servicios, por funcionarios docentes de ensino non universitario.

A Orde do 6 de marzo de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 24 de marzo) convocaba concurso público de méritos para cubrir determinados postos en réxime de comisión de servicios, por funcionarios docentes de ensino non universitario.

Unha vez cumpridos os requisitos legais e transcorridos os prazos establecidos pola resolución provisional e pola resolución definitiva, e logo de ter

superado positivamente os aspirantes o curso selectivo de formación de acordo coa proposta efectuada pola Comisión de Selección prevista no artigo 10 da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear, en réxime de comisión de servicios, para cubri-las prazas indicadas, os profesores que se relacionan no anexo I, onde tamén se especifican as prazas que non se cubriron polos aspirantes e que, polo tanto, quedan vacantes.

Segundo.-Esta comisión de servicios terá unha duración segundo o período que se especifica no artigo 11.2º da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente orde, que esgota a vía administativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia.

Cuarto.-Os funcionarios ou funcionarias que se seleccionan pola presente orde adscribiranse ós postos adxudicados a partir do 1 de setembro de 2003.

Esta orde entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Denominación das prazas e relación das vacantes

Denominación das prazasNº de

prazas

Concursantes seleccionados

Hostalería e turismo; actividades agrarias; industrias alimentarias; imaxe persoal; química; sanidade; servicios socioculturais e a comunidade; vidro e cerámica.1García Rodríguez, Mª Carmen

1Vacante

Edificación e obra civil; madeira e moble; artes gráficas; artes plásticas.1Iglesias Santomé, Enrique José

1Vacante

Actividades marítimo-pesqueiras; artes gráficas; fabricación mecánica; mantemento de vehículos autopropulsados; mantemento e servicios á producción; electricidade e electrónica.1Rodríguez Buján, Jesús Manuel

1Salvado Fernández, Carlos Andrés

Administración; comercio e márketing; informática.1Vaquero Pinto, M Luz

Formación e orientación laboral.1Vacante