Examinado o expediente presentado polo centro privado La Grande Obra de Atocha da Coruña, no que solicita a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil.
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, quen o remite cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.
Considerando que o devandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación infantil.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,
DISPÓN:
Autorizarlle a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado La Grande Obra de Atocha da Coruña, segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia na unidade que se amplía.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2003.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
-Provincia: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Localidade: A Coruña.
Enderezo: praza de España, 36-38.
Denominación: centro privado La Grande Obra de Atocha.
Titular: Instituto Secular Hijas Natividad de María.
Código do centro: 15004782.
Nivel: educación infantil - 2º ciclo.
Unidades de que constaba: 8.
Unidades novas autorizadas: 1.
Composición resultante:
a) Centro de educación infantil: 9 unidades.
b) Centro de educación primaria: 24 unidades.
c) Centro de educación secundaria:
16 unidades de educación secundaria obrigatoria.
8 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde; e humanidades e ciencias sociais.
d) Centro de formación profesional específica:
1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade para 30 alumnos).
1 ciclo formativo de grao medio de comercio (1 unidade para 30 alumnos).