Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2003 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se indica.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 24/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e colocación de cortinas no edificio do Rectorado 1 no Campus de Lagoas-Marcosende.

b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas no prego de cláusulas.

c) División por lotes e número:-

d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato.

e) Prazo de entrega: o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 53.000 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: rúa Areal, nº 46, edificio anexo ó Rectorado, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 71.

e) Telefax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Páxina web onde se poden atopa-los pregos e demais información: http://www.uvigo.es/servicios/contratación/.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: rúa Areal nº 46, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día seguinte á data límite para a recepción de ofertas.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: rúa Areal, nº 46, 1ª planta.

c) Localidade: Vigo, 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas; se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: 13.00 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

10. Páxina web onde se pode atopa-los pregos e demais información: http://www.uvigo.es/servicios/contratación/.

Vigo, 2 de setembro de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo