Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de agosto de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de requirimento de pagamento ó debedor en réxime de compravenda, P-144/2002, devolto polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), e de conformidade co establecido nos artigos 1091, 1124, 1501 e 1504 do Código civil e cláusula IV da escritura de compravenda, notifícase o interesado cos datos e último domicilio coñecido (identificado por número de expediente e conta) que a seguir se relacionan do requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala, facéndolle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó día das súas obrigas ou para que compareza na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que considere convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución do seu contrato e iniciación do oportuno expediente de desafiuzamento, co coseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 11 de agosto de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-85/220 (expte. desaf. P-144/2002).

Cta.: 54.

Nome: José Carlos Vilariño López e María Isabel Velasco Viéitez.

Último domicilio coñecido: r/ Reino Unido, nº 14, 4º D, Monteporreiro, Pontevedra.

Débeda: 18.814,73 A.