Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: A Coruña, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. na Vilerma e Rosende.
Situación: Sarria.
Características técnicas: L.M.T.A. a 20 kV con lonxitude de 0,19 km con orixe na L.M.T. Sarria-Portomarín, conductor tipo LA-56 e final no C.T. de Rosende.
C.T.I. con 50 kVA de potencia e relación de transformación de 20.000/380-220 V.
L.B.T.A. lonxitude de 1,28 km con orixe no C.T. de Rosende e conductor tipo R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 28 de xullo de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo