Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/95-2, 6085 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Centulle.

Situación: Chantada.

Características técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV cunha lonxitude de 771 m con orixe na L.M.T. a C.T. Sobreira e final en C.T. Centulle.

C.T. Centulle prefabricado cunha potencia de 160 kVA.

R.B.T. aérea cunha lonxitude de 1.880 m, con orixe en C.T. Centulle, e apoios de formigón conductor tipo R.V.

R.B.T. soterrada cunha lonxitude de 15 m con orixe en C.T. Centulle, conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 15 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo