Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/103-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: José Ramón Ferreiro Plaza.

Domicilio social: Fontao, 47, baixo, 32004 Ourense.

Denominación: L.M.T. e C.T. nave elaboración de pedra.

Situación: polígono Barreiros (Ourense).

Características técnicas: liña soterrada a 20 kV de 95 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. aérea ó C.T. polígono Barreiros, e remata no C.T. proxec

tado en caseta con 630 kVA, R/T 20.000/380-220 V preto da nave de serrado de pedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 17 de setembro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense