Polo presente edicto, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros da Administración tributaria ou que alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións as persoas que a lexislación autoriza para se faceren cargo delas, fáiselles saber que:
Notifícaselle ó debedor, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro) que, ó non ser satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso en período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria, o órgano competente arriba indicado acordou:
«En uso das facultades que me confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido a recarga de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías do debedor, no caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».
-Recursos:
Recurso de reposición ante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da recepción desta notificación ou reclamación económico-administrativa ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo sen se poderen simultanear ámbolos recursos. A resolución das reclamacións económico-administrativas corresponderalles ós órganos económico-administrativos da Comunidade Autónoma.
-Motivos de impugnación:
O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación).
*Pagamento ou extinción da débeda.
*Prescrición.
*Aprazamento.
*Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión desta.
*Defecto formal no título expedido para a execución.
-Suspensión do procedemento:
O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, soamente se suspenderá nos ter
mos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro).
-Solicitude de aprazamento:
Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas en período executivo.
A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da AEAT do territorio no que se deba efectua-lo pagamento.
-Lugar de pagamento:
Na entidade que presta o servicio de caixa da Delegacion Administración da AEAT.
-Xuros de demora:
As cantidades debidas, excluída a recarga de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó do vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido noa artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.
-Custas:
No caso de se produciren custas no procedemento, a Administración repercutiralle o seu importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.
-Prazos para efectua-lo ingreso:
(Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación).
a) Recibida a notificación entres os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediato hábil seguinte.
b) Recibida a notificación entre os días 16 e derradeiro de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.
-Comparecencia do interesado:
Queda advertido o debedor de que pode comparecer, por si mesmo ou por medio de representante, no expediente executivo que se lle segue. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio sen comparece-lo interesado, teráselle por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substanciación do procedemento, sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.
Málaga, 14 de xullo de 2003.
Xefe do Servicio
Rubricado
García Goyena, S.L.
CL/ General López Domínguez 1,
Marbella.
B-29817640
Recaudación multas e sancións. D. XE. C1100003150009324. 360,61 11-3-2003