Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO de licitación da contratación do proxecto de ampliación e reforma de edificio na vila de Rianxo, para destinalo a gardería infantil.

Promotor: Concello de Rianxo.

Entidade subvencionante: Consellería de Familia da Xunta de Galicia.

1º Anexo I, cadro de características do contrato.

1. Denominación do proxecto: a ampliación e reforma dun edificio na vila de Rianxo para destinalo a gardería infantil.

2º Orzamento:

Este proxecto é plurianual e o financiamento queda definido da seguinte forma:

Ano 2003: 40.000,00 euros.

Ano 2004: 67.292,48 euros.

Ano 2005: 200.000,00 euros.

Total: 307.292,48 euros, IVE incluído.

3º Aplicación orzamentaria:

Para cada unha das anualidades a aplicación orzamentaria é a cifrada 422.H5.622.00.

4º Prazo de execución:

O prazo de execución será de 12 mensualidades efectivas repartidas en cada unha das tres anualidades de acordo cun plan de desenvolvemento de obras que elaborarán previamente o contratista adxudicatario e a dirección de obra, e suxeito á aprobación do órgano competente de contratación. Para esta primeira anualidade debense executar unidades de obra por contía de 40.000,00 euros en versión de prezo de execución por contrata antes de finaliza-lo 31 de outubro de 2003.

5º Clasificación:

A clasificación esixida para este procedemento de contratación é a seguinte:

Grupo C, subgrupos 1, 2, 3, 4, 6, 7 e 9, categoría C.

6º Lugar de presentación de ofertas:

As ofertas deberanse presentar, como establece o prego de condicións, no rexistro xeral do Concello de Rianxo ou de calquera das formas permitidas na vixente Lei 30/1992.

7º Prazo de presentación de proposicións:

O prazo de presentación das proposicións será de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da inserción do anuncio de licitación no último dos diarios oficiales en publicalo. Para tal efecto, o anuncio de licitación publicarase no taboleiro de anuncios da entidade local, no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

8º Garantía provisional:

Os licitadores deberán acreditar, en cualquera dos medios permitidos no R.D. 2/2000, a constitución na Tesourería Municipal dunha fianza provisional consistente no 2% do importe de licitación.

9º Garantía definitiva:

O adxudicatario deberá constituír unha fianza provisional do 4% do importe de adxudicación.

10º Gastos por conta do adxudicatario:

Serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación deste anuncio nos diarios oficiais e os

gastos de dirección de obra que se aplicarán en concepto de mínimos de acordo coas normas colexiais vixentes.

11º Revisión de prezos:

Este contrato non estará suxeito a cláusulas de revisión de prezos.

12º Control de calidade:

Será establecido de acordo coa memoria do proxecto básico e de execución que consta no expediente.

O modelo de proposición axustarase ó anexo II publicado na páxina 8054 do BOP nº 205, do 6 de setembro de 2002.

ANEXO III

Os criterios de adxudicación dese concurso serán os seguintes:

1º Executa-la obra anticipadamente ó curso do financiamento establecido co prazo xeral de 12 meses, contado desde o asinamento do contrato e acta de comprobación do replanteo; valorarase con 25 puntos.

2º Melloras técnicas: valorarase a oferta de melloras técnicas non materiais ou outros aspectos do proxecto, sen desvirtuar este e sempre que reciban informe favorable do técnico redactor e redactor de obra e sexan aprobados polo órgano de contratación. Deberanse valorar para efectos de puntuación en relación a 0,10 puntos por cada 10.000,00 euros ou fracción.

3º Prezo: valorarase o menor prezo ofertado en relación a 0,10 puntos por cada 10.000,00 euros ou fracción.

4º Experiencia da empresa: valorarase discrecionalmente ata un máximo de 2 puntos.

Para ter acceso ó expediente e ós seus documentos, os interesados poden comparecer na Secretaría do Concello de Rianxo, de luns a venres e das 10.00 ás 14.00 horas, excepto festivos.

Pódense facer consultas ós teléfonos 981 86 00 75 e 981 86 00 76 en horas de oficina.

Rianxo, 20 de agosto de 2003.

María Resúa Quintáns

Alcaldesa en funcións