Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-196/2003 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se relacionan a seguir os acordos de iniciación dos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

-Número de expediente: OU-E-196/2003.

Denunciado: Miguel Ángel González Fernández.

Enderezo: Valle Inclán, nº 8 de Ourense.

Establecemento: Solpor, sito en Valle Inclán, nº 8 de Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 26 e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro (BOE do 22 de febreiro).

Sanción prevista: multa de ata 300,51 euros.

-Número de expediente: OU-E-201/2003.

Denunciado: Miguel Ángel González Fernández.

Enderezo: Valle Inclán, nº 8 de Ourense.

Establecemento: Solpor, sito en Valle Inclán, nº 8 de Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 26 e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro (BOE do 22 de febreiro).

Sanción prevista: multa de ata 300,51 euros.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da LOSC.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3 e 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercitar perante a instructora do expediente Rosa Mª Novoa Vega, funcionaria desta delegación provincial, o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examina-lo expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exerce-lo dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, sita na avda. da Habana, núm. 79-2º, 32004 de Ourense.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Ourense, 28 de xullo de 2003.

P.D.

José César Losada Álvarez

Secretario provincial de Ourense

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO