Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2003, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se recoñecen dúas escolas de navegación de lecer.

Con base no establecido no artigo 15, 17 e 18 da Orde do 31 de xullo de 1998, desta Consellería (DOG nº 164, do 25 de agosto), polo que se regulamenta a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral

RESOLVE:

1º Recoñecer como escolas de navegación de lecer na categoría que se relaciona os seguintes centros:

Escola Básica de Navegación de Lecer (ENAL Básica).

-Escuela Náutica Gallega, S.L., co CIF B-36921690, con domicilio social na rúa Luis Antonio Mestre, 2 entresollado, do Grove (Pontevedra), e coa mesma denominación comercial, inscrita co nº XGEN023.

-Kurotan, S.L., co CIF B-36426526, con domicilio social no centro comercial La Aldea, 25-A da illa da Toxa (Pontevedra), e coa mesma denominación comercial, inscrita co nº XGEN024.

2º Inscribi-las citadas escolas no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2003.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento

Pesqueiro