Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: ampliación C.T. Borreiros.
Situación: concello de Gondomar.
Descricións técnicas: ampliación C.T. a 250 kVA R.T. 20 KV/380-220 V, situado en Borreiros, Barrio do Castro, no concello de Gondomar.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 23 de xullo de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra